lunes, 23 de julio de 2012

ONDE NOS ATOPAMOS


Publicamos hoxe esta imaxe ,probablemente moitos non saberán onde nos atopamos ,os veteranos ,que ibamos na aquela época á escola á estación ou a xogar pisamos moitas veces este barro .

Picando na imaxe aumentará


3 comentarios:

  1. Atopámonos no que hoxe é a rúa que baixa da Estación cara Outeiro, por entre o Centro Médico e os edificios feitos no Lameiro de Batanero. As árbores foron taladas cando, ao facer a Ponte Nova, se fixo o acceso a ela pola actual Rúa do Sil. A lama e os charcos permanecían todo o inverno ao estar atrancados os desaugues cara o lameiro, á dereita, pola folla das árbores. Á esquerda estaba o Campo da Feira, hoxe Praza Maior, que tamén servía de campo de fútbol. O primeiro nome desta rúa foi o de Avenida de la República; hoxe leva o de Antonio Pedrosa, un dos falanxistas lugueses que entraron en San Clodio o 22 de xullo de 1936 "dando caña" ¿Para cando a Lei de Memoria Histórica? A caseta do fondo foi sé dun sindicato agrario, vestiario de futbolistas, cantina os días de feira, obradoiro do Cesteiro, palleira, ... O burro é o do Sr. José da Pastora, que bebeu augardente en vez de auga no balde que o poteiro tiña preto do pote e colleu unha borracheira que o tumbou no chan e tivo que pasar a noite á xeada; aínda que o taparon con mantas vellas e sacos xa non voltou a ser o que era e morreu ao cabo duns meses.

    ResponderEliminar
  2. Carmen Vázquez Martínez Esto é a praza do concello chegandoa casa do Cao eu xa non lembro esas arbores , si lembro as que habia na rua do ferrocarril.

    ResponderEliminar