jueves, 26 de julio de 2012

CONVIVINDO NA PRAIA FLUVIAL DE SAN CLODIO

Asì era a praia fluvial de San Clodio , conviviase en armonia ,a vaca coa súa tranquilidade pastando e no fondo os bañistas soñando ao sol .

miércoles, 25 de julio de 2012

SEN REDES


Sen Redes non significa que os veteranos envexemos ,non habia pistas ,na area deportiva da capitalidade do municipio ,hoxe Ribas do Sil, Rivas ou ribeira do Sil mais fíxose ,e faise, vida . Ribas do Sil significa terra que acariña as augas deste rìo ,parte da nosa vida, estas augas foron quitadas da súa canle polo ouro que moveu mais que o petroleo actualmente .Redes significa hoxe "redes sociais" (Facebookear Twittear) ou como se chame . Sen redes significa non enchufado senón xente dun concello pequeno con capacidades suficiente para que visen a súa mascota e gritaban !!OS MILLORES SOMOS NOS !!! .Non habia diñeiro pra REDES nin pra cal pra marcar o terreo de xogo pero decia de San Clodio !!!!OS MELLORES !!! .


PICAR SOBRE LA FOTO AUMENTARÁ



lunes, 23 de julio de 2012

ONDE NOS ATOPAMOS


Publicamos hoxe esta imaxe ,probablemente moitos non saberán onde nos atopamos ,os veteranos ,que ibamos na aquela época á escola á estación ou a xogar pisamos moitas veces este barro .

Picando na imaxe aumentará


DIA DA PATRIA GALEGA


jueves, 19 de julio de 2012

A NOSA PONTE


A Ponte De Ferro foi para todos os habitantes deste val ,Caurel ,Ribas do Sil e Quiroga, un punto de unión ,por el pasaron xentes que emigraron a distintos puntos da terra .Hoxe en día perdeu moito do seu protagonismo sabémolo tod@s aqueles que vimos construír a Ponte Nova . Para os veteranos da zona ,especialmente para os de San Clodio ten un algo especial ,comentarémolo noutra ocasión .Hoxe vemos A Ponte Vella nunha toma de Antonio Vidal desde a zona do Barco ,o pequeno sentado é o seu fillo ,Fillodomedio, xa que tenia un irmán maior e unha irmá mais nova .


Picando na foto aumentará



miércoles, 18 de julio de 2012

DE SEGA NO LAMEIRO DA FONTE DA PLATA


Estamos en tempo da sega ,fai anos era un traballo de moito esforzo.Presentamos hoxe unha foto do prado que esta por a parte de atrás da estación de ferrocarril de San Clodio ,unha imaxe de fai uns anos quitada por Antonio Vidal e que hoxe é irrepetible .


Picar na imaxe ampliarase

2 FOTOS NOVAS DA PONTE DE FERRO


Imos intentar que todas as imaxes publicadas na VEIGA SANTA sexan en branco e negro novas e mais antigas hoxe presentemos dous recentes DA PONTE DE FERRO .












Picar sobre a imaxe aumentará